
Lugo
Gastronomía, lume novo e Fillas de Cassandra para o primeiro Arde Lucus internacional
Xunto ás novidades non faltan os clásicos do Arde Lucus: das vodas e bautismos celtas ao mercado e os campamentos romanos e castrexos das asociacións locais que impulsan a festa xunto ao Concello
O plan do PP para gobernar Samos fichando o fillo do rexedor do PSdeG acabou co BNG gañando a alcaldía
A operación, 'bendicida' pola cúpula popular ao máis alto nivel, marcou o obxectivo de lograr a maioría absoluta que ata agora ostentara o pai do candidato, que dixo considerarse "de dereitas" tras a fichaxe do fillo polo PP. Malia ao crecemento os conservadores, o Bloque triplicou representación e Chus López converteuse na primeira alcaldesa da historia da vila: "Samos deu un paso á fronte para abrir un tempo novo", di
Lara Méndez, reelixida alcaldesa socialista de Lugo en coalición co BNG para unha "nova alianza de traballo e afecto"
A maioría absoluta lograda nas urnas polas formacións da esquerda o 28M volve ser dabondo para reeditar por sétima vez consecutiva unha investidura apoiada no bloque progresista na cidade da Muralla. Méndez espera que a acción do goberno que volve presidir actúe como "revulsivo de orgullo lucense" e, entre apelacións á "valentía para proxectar o Lugo actual", pide "interese polo entendemento" e "boas praxes" á oposición agora exercida en solitario polo PP
O Tribunal Superior paraliza a explotación dunha mina de feldespato en Muras autorizada pola Xunta
O alto tribunal suspende "de forma inmediata e incondicionada" a execución da resolución da Xunta na que aprobou o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da mina de San Acisclo, "moi próxima ao espazo protexido Serra do Xistral"
O proxecto da fábrica de Altri queda fóra dos fondos Next Generation e a Xunta culpa o Goberno de España
A ministra Calviño aclara que non ten encaixe en ningún PERTE por non cumprir cos criterios da UE para as axudas públicas e lembra que os fondos europeos "non se poden dar a dedo".
- Entrevista | Lara Méndez Municipais 28M
- Política Lugo
"A veciñanza de Lugo primou un goberno progresista e de boas prácticas fronte á mala praxe e a crispación"
A alcaldesa socialista de Lugo volverá ser reelixida pola maioría absoluta que o 28M revalidaron PSdeG e BNG. Asume que no novo mandato terá ante si unha oposición máis férrea, pero tamén di estar convencida de poder amosar aínda máis froitos dunha "transformación" da capital lucense baseada nun proxecto de esquerdas que "funciona".
Nova sanción a Ence por "planificación deficiente" e "falta de inspección" no accidente grave dun leñador
O Tribunal Superior constata que “a pesar dos incumprimentos” de seguridade da subcontrata para a que traballaba o afectado, golpeado por unha árbore, “Ence non procedeu a paralizar” a talla, polo que a considera “responsable solidaria” da sanción
Pazo de Tor: mudar o relato para contar as historias soterradas tras o noso patrimonio
'A vida tralos labirintos mentais. Historias soterradas', 'Sala de Domingo Fontán: Un país no mapa!' e 'Casa de soga e coitelo, o cárcere de Tor' son os tres novos espazos humanizados seguindo os criterios das novas museografías no Museo Pazo de Tor da Deputación de Lugo, que xa se poden visitar
O reconto definitivo ratifica que PSdeG e BNG suman maioría absoluta na Deputación de Lugo
A revisión na Xunta Electoral, non exenta de tensión, ratifica que votos ao PSdeG foran transcritos de xeito erróneo durante a noite electoral e que, unha vez recontados correctamente, permiten manter 10 escanos socialistas e 3 do BNG fronte a 12 do PP. Os populares solicitaron e a XEZ aceptou a revisión de todos os votos nulos nun contexto no que o PSdeG acusa a formación de Candia de pretender chegar ao goberno con "artimañas". "A Deputación de Lugo seguirá sendo un goberno progresista", conclúe José Tomé, actual presidente da institución
O TSXG nega a un hospital privado de Lugo os 1,4 millóns que esixía ao Sergas para indemnizalo por medidas da COVID
O Tribunal Superior sentencia que as autoridades sanitarias actuaron de xeito "xustificado" e advirte de que o informe presentado pola empresa para esixir indemnización ao Sergas "non se baseou en datos reais". O Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, actualmente propiedade de Quirón Salud, ten un concerto co Sergas polo que ingresou 2,3 millóns de euros durante o ano 2020, segundo o Consello de Contas
PSdeG e BNG revalidan o goberno de Lugo malia ao ascenso do PP
O PP de Candia absorbe os 2 edís que tiña Ciudadanos e queda con 12 fronte aos 13 que suman socialistas e nacionalistas