A Xunta merca o seu primeiro eólico: a veciñanza a 1,8 km terá desconto na luz se o pide
RDG, empresa impulsada polo Goberno galego para explotar recursos naturais, merca ao Sabadell por 75 millóns 11 aeroxeradores en Trabada. A veciñanza máis próxima será beneficiada segundo cal sexa a súa comercializadora de electricidade.