"Candia tocou a todos os concelleiros que foi capaz dende que aterrou no Concello de Lugo"
O alcalde lucense vive os últimos días no posto por mor da moción de censura do PP canda a concelleira tránsfuga María Reigosa, pero di estar "seguro" de que non serán os derradeiros porque tras as eleccións de 2027 "este goberno vai estar gobernando", xa que á veciñanza "non lle vale o argumento único de que a cidade está paralizada, porque é mentira" e "vai tomar boa nota" de que chegar á alcaldía "mediante tres mortes, cunha tránsfuga e faltando un ano para o remate do mandato cuns orzamentos aprobados por este goberno é absolutamente indigno".