O cine fantástico e os videoxogos únense no FanCine da Ribeira Sacra
O evento presentou este martes a programación da súa oitava edición, que se celebrará do 6 ao 10 de xullo en diversos espazos de Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón. O festival celebrará o 20 aniversario da película Resident Evil e o 40 aniversario de Tron.