'Versos na barraca': poesía, música e artes visuais na nova praza pública á beira da Muralla de Lugo
Co poeta Lois Pérez na dirección artística, a nova praza lucense da Mosqueira acolle un ciclo de catro noites de recitais durante o mes de xullo nas que a poesía e a música contemporánea dialogan con outras disciplinas artísticas. Tras comezar con Manuel Rivas e Dores Tembrás, continúa con Antón Reixa e Malandrómeda; Antía Otero e Berta Dávila e mais Lucía Aldao e María Lado