Arquivada unha sanción "grave" imposta ao abeiro da lei mordaza por tratar de "ti" a un policía
A Subdelegación do Goberno arquiva unha multa de 600 euros imposta a un home de Lugo por terse negado supostamente a identificarse e actuar de forma "desafiante", feitos que desmente un vídeo achegado polo afectado.