Lugo aproba a súa ordenanza do galego, con cambios en 13 artigos polas sentenzas que atenderon o recurso de Galicia Bilingüe
A norma aprobárase por unanimidade en 2012, pero o TSXG e o Supremo obrigaron a realizar modificacións nos apartados que establecían que o galego era a única lingua oficial, que os cargos públicos debían expresarse neste idioma ou que as comunicacións das actividades subvencionadas polo Concello debían estar sempre en galego.