Lugo
'Casa de veciñanza': vivenda e servizos comunitarios para poder envellecer na propia vila
A Escola de Arquitectura da UDC presenta á Deputación de Lugo os resultados do proxecto arquitectónico e xerontolóxico que propón converter a antiga Escola Habanera e mais a reitoral de Roupar nun complexo comunitario para maiores da contorna, un "prototipo" que "pode ser útil ao conxunto de Galicia"
Do 10 de xaneiro ao 10 de maio sen tren: Adif e Renfe aumentan a catro meses o corte da liña Monforte-Lugo para mellorala
A renovación integral da liña entre Ourense e Lugo por 546 millóns de euros obriga a interromper xa o tráfico no treito máis setentrional que irá seguido máis adiante doutro corte similar pero aínda non concretado entre Monforte e Ourense
O persoal de Alcoa aproba en referendo o peche da planta de aluminio de San Cibrao dous anos a cambio de manter os empregos
A decisión implica que nos anos 2022 e 2023 non se producirá aluminio primario na factoría, co compromiso da multinacional de reiniciar o 100% das cubas no 2024. O 70% dos traballadores apoiaron a proposta, cunha participación do 76% do cadro de persoal. Os empregados das empresas auxiliares opuxéronse. O acordo entre Comité e empresa asinarase este mércores.
A Xunta encargou a falida busca de investidores para Vestas á consultora coa que xustificou a fusión das caixas
A multinacional eólica, que quere pechar a súa fábrica de Viveiro, fixo público que se reunira con fondos de investimento propostos pola consultora KPMG, "contratada pola Xunta" e que os encontros acabaron sen avances pola "ausencia de interese" na compra. O Goberno galego asegura que "atopou" tres investidores "interesados na propiedade da planta" e que "renuncian ante os atrancos impostos" por Vestas
'Xogamos pola igualdade': consellos dende Lugo para agasallar con xoguetes alén dos clixés
A Casa da Muller do Concello de Lugo promove, nestas datas de Nadal, unhas pautas para fomentar que os xogos e xoguetes que agasallamos ás nenas e nenos "amosen unha visión do mundo baseada na igualdade, o respecto e a liberdade"
Permiso para a dignidade, señor xuíz?
Observatorio da Mariña pola Igualdade
Dous mil anos de Lugo termal: dos baños romanos ao spa
As termas da antiga Lucus Augusti, cuxos restos se conservan nas instalacións do actual Hotel Balneario, incluído no programa Lugo Termal da Deputación lucense, eran xa espazo de terapia e lecer
A memoria das mulleres que resistiron fronte ao fascismo chega ao vello cárcere de Lugo
O histórico recinto lucense acolle ata o 5 de xaneiro a exposición 'Mulleres resistentes', coa que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica procura "crear un mapa da memoria da resistencia das mulleres ao fascismo en Europa"
Da bici ao skate: máis espazo público para o lecer da rapazada da Mariña tras a COVID
A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, dirixida por Mónica Freire, mellora as zonas de lecer infantís de varios concellos da provincia e ten en marcha unha senda ciclable en Ribadeo ata o Faro da Illa Pancha
As peticións de máis de 500 anos de cadea para os proxenetas acusados na peza central do caso Carioca quedan en dez
O escrito de acusación da Fiscalía atribuía aos procesados delitos contra os dereitos da cidadanía estranxeira, prostitución coactiva, contra os dereitos dos traballadores, ameazas, tenza ilícita de armas e contra a saúde pública. A plataforma 'Impunidade Carioca' censura o acordo e cre que o Ministerio Público reduce a feitos puntuais unha rede de "violencia extrema" contra as mulleres
De volta aos balnearios tras o parón pola COVID, o Lugo Termal agarda "máis inscricións ca nunca"
A Deputación de Lugo busca co programa Lugo Termal, este ano con máis prazas, que lugueses e luguesas se acheguen aos balnearios da provincia, promovendo o benestar social e a reactivación económica do sector