Axuda municipal en Lugo para galeguizar as lápidas do cemiterio
O Concello anuncia que se une á iniciativa da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e facilitará axudas de 200 euros para modificar a inscrición no camposanto.
O Concello anuncia que se une á iniciativa da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e facilitará axudas de 200 euros para modificar a inscrición no camposanto.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolle o recurso da Asociación Sociocultural O Iribio e volve deixar "sen efecto" o acordado pola Xunta en 2019 a respecto do parque eólico que se pretendía instalar en terreos protexidos pola Rede Natura
Ratifica así a anulación que do expediente fixera xa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nunha decisión que volve dar aire ao persoal no conflito coa multinacional do aluminio.
CIG, CCOO e UGT convocan o paro o 17 de novembro en demanda de resposta á crise industrial, pero tamén á continua perda de servizos e falta de investimentos e infraestruturas. Falamos coa alcaldesa de Viveiro (PSdeG), a de Barreiros (BNG) e o de Cervo (PP).
Tras unha primeira edición centrada nos concellos, o programa da área do Medio Rural da Deputación de Lugo para fomento da prevención dos incendios forestais céntrase agora en servir ″de apoio á xestión e mantemento das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa, e das faixas laterais das vías" que se atopen en montes comunais
Tras un primeiro contrato de dez anos prorrogado, a Xunta saca de novo a concurso o servizo cun prezo máximo de 6 euros ao día para a TV e 5,5 para internet, pero asume que só o 20% dos doentes o usarán
Olalla Rodil (BNG) afirma que "cinco rapaces deste centro estiveron durante un mes sen escolarizar por falta de profesorado" e reclama unha investigación ao respecto. Política Social remítese a Educación, que asegura ter "garantido en todo momento o plantel de profesorado necesario para atender as necesidades educativas do centro"
Alejandro Paleo, ciclista e traballador da eólica Vestas en Viveiro, chega á sede da multinacional en Dinamarca para trasladar aos directivos da empresa a necesidade de manter os 115 postos de traballo na Mariña: "Traballamos con seguridade e con calidade". Conversamos con el
O Concello da Pastoriza organiza por terceiro ano consecutivo un concurso fotográfico que busca visibilizar ás mulleres, mozas e nenas da localidade. A imaxe gañadora darase a coñecer este venres, co gallo do Día Internacional da Muller Rural
O espazo, que bota a andar este mes de xeito online e prepara o seu espazo físico na aldea de Proendos (Sober), venderá libros de editoriais pequenas e autores e autoras locais, pero tamén artesanía e souvenirs "diferentes", servindo tamén como dinamizadora cultural e turística dun espazo da Ribeira Sacra cunha gran riqueza patrimonial e un número crecente de visitantes.
Unha década despois de que a xuíza Pilar de Lara abrise o caso, o actual titular do xulgado conclúe que Fernández Liñares recibiu máis de 100.000 euros por facilitar a adxudicación ilegal do guindastre do Concello de Lugo á empresa asturiana Cechalva e atribúelle media decena de delitos