Movementos sociais
Milleiros de persoas reclaman que o galego se poida empregar "en todo e para todo"
Arredor de 2.000 persoas convocadas por Queremos Galego reclamaron o "dereito a vivir" na lingua propia e demandaron un cambio na política lingüística da Xunta.
- Entrevista | Marcos Maceira Letras Galegas 2021
- Movementos sociais
"Sorprendeunos gratamente o apoio do PP á 'Iniciativa Xabarín'; esperemos que só sexa o primeiro paso"
A proposición impulsada pola Mesa para aumentar a oferta audiovisual en galego para a infancia e a mocidade e apoiada por máis de 33.000 sinaturas foi aprobada por unanimidade no Parlamento. Falamos co seu presidente.
Se queres conservarte, conserva a Terra
Antonio Gregorio
- Entrevista | Víctor Sampedro
- Movementos sociais
"Os consensos e demandas do 15M seguen presentes e o triste é que non se decatan nin os seus supostos representantes partidarios"
No décimo aniversario do inicio do movemento do 15M falamos co catedrático Víctor Sampedro (Viveiro, 1966), que reivindica que "o 15M non é un legado, non é unha ensinanza para o presente, senón que está completamente vivo" e pide non caer na "nostalxia".
Feijóo atribúese o descenso das emisións de CO2 malia deberse ao peche das centrais térmicas ao que se opuxo
Galicia diminuíu considerablemente as súas emisións contaminantes debido á redución da produción eléctrica con carbón, que o presidente da Xunta teimou en manter. Feijóo afirmou que a redución se producira pola 'Estratexia de Cambio Climático' do Goberno galego, escasamente ambiciosa.
A Serra do Galiñeiro líbrase dos eólicos tras dez anos de "loita titánica contra a desinformación"
A Xunta informa da fin do polémico proxecto logo dunha década de rexeitamento veciñal liderado pola plataforma pola protección do espazo, que considera clave "achegar os datos que a Xunta non dá.
O ecoloxismo galego denuncia a inacción da Xunta ante a caza ilegal da rula
Este xoves a Xunta autorizou a tempada de caza estival na Limia, onde se concentran as poboacións máis importantes de rulas, unha medida que segundo a SGHN pode afianzar o declive da especie na zona. A entidade vén de denunciar o Goberno galego ante o Comisario Europeo de Medio Ambiente por contravir a Directiva Aves da UE
- Entrevista | Manuel Rico Coronavirus
- Movementos sociais
"Cando falamos do coidado de persoas maiores non podemos admitir que impere a lei da selva"
Manuel Rico, fundador e actual director de investigación de InfoLibre, foi recoñecido co Premio José Couso de Liberdade de Prensa pola súa traxectoria na profesión e polo seu traballo nos últimos meses afondando na xestión realizada polas residencias de maiores durante a pandemia, que deu lugar ao libro Vergüenza, el escándalo de las residencias.
O Día da Clase Traballadora volve á rúa fronte ás consecuencias da COVID e pola fin das secuelas da anterior crise
Un ano despois do Primeiro de Maio que o confinamento impediu reivindicar con mobilizacións presenciais por mor do confinamento, a reivindicación regresa aínda condicionada pola pandemia, pero cunha axenda clara que as diferentes centrais sindicais veñen defendendo dende hai meses. Os diferentes sindicatos convocan concentracións e manifestacións e múltiples vilas e cidades galegas
A loita antifascista de mulleres pontevedresas cóntase en TikTok para chegar á mocidade
O Concello de Pontevedra publicará este ano oito vídeos nesta rede social dentro do programa 'A memoria das mulleres', coa “teima de achegalo ás xeracións máis novas”. As pezas, a primeira sobre Virxinia Pereira, serán realizadas polas tiktokers galegas Laura Franco, Leti da Taberna e María Rúa.
Tres biografías de activistas achegan a Galicia a defensoras de dereitos de Honduras, México e Guatemala
A xornalista e poeta Lara Dopazo elaborou os textos dedicados a Miriam Suazo, Estela Ángeles Mondragón e María Cuc Choc, que se acompañan das ilustracións do colectivo de arte gráfico mexicano RotmInas e a deseñadora gráfica galega Marta Conde. A iniciativa de Agareso, co apoio da Deputación de Pontevedra, busca achegar as súas figuras aos centros de ensino