"Os nosos pais e nais están a comportarse cunha gran falta de respecto cara ás xeracións futuras"
Alumnado da Coruña e Ferrol vén de convocar unha folga estudantil para protestar contra o cambio climático. Será o vindeiro venres 15 de marzo, coincidindo coa convocatoria internacional do movemento Fridays For Future.