Mundo
Portugal regresa tamén á normalidade tras o meirande 'apagão' da súa historia
A electricidade marchou en todo o país ás 11.33, hora do Portugal continental, e non regresou ata a noite. Na primeira hora deste martes todos os servizos foran restablecidos, mesmo o tren e mais o metro en Porto e Lisboa. O Goberno estableceu a reapertura de todas as escolas como unha prioridade. O esperado debate televisivo entre Luis Montenegro e Pedro Nuno Santos tivo que ser adiado.
Diversidade e disrupción na diplomacia vaticana
David Alvarado
O meu querido Uruguai volve ao rego da solidariedade
Manuel Suárez Suárez
A política galega despide a Francisco: da sobriedade na dereita ás gabanzas na esquerda
Alfonso Rueda coincide con Feijóo nunha mensaxe sobria de despedida, mentres Pontón e Besteiro gaban a súa "defensa dos dereitos sociais" ou o "compromiso cos máis vulnerables". Yolanda Díaz defíneo como "un grande embaixador do traballo decente, da paz e da xustiza social".
Europa unida ou fraccionada?
Xoán Antón Pérez-Lema
- Obituario
- Mundo
Francisco, o papa que manchou as mans
Jorge Mario Bergoglio falece tras doce anos dun pontificado que foi acollido con esperanza. Abonda observar as reaccións dos sectores máis ultraconservadores ao seu labor para saber que baixou á lama e manchou as mans para tocar asuntos pouco confortables
O comezo da nova orde trumpista
Xesús Veiga
Trump sinala a cota para o galego no audiovisual como unha das razóns para impor aranceis a España
O informe co que a nova administración dos Estados Unidos xustifica a imposición de novos gravames sinala as porcentaxes de galego, catalán e éuscaro ás que obriga a lei do audiovisual aprobada polo goberno de Pedro Sánchez en 2022.
Um conselheiro plenipotenciário no Kremlin
Joám Lopes Facal
Os aranceis de Trump terán un impacto "masivo" nas exportacións europeas de 380.000 millóns
Un 70% dos produtos vendidos pola UE aos EUA estarán suxeitos ás tarifas aduaneiras do 20% ou do 25% dende este mes de abril. Bruxelas teme que as novas pescudas que Washington está abrindo contra o sector madeireiro, os semicondutores e a industria farmacéutica deriven en máis aranceis
"Se realmente a UE e España queren defender os dereitos humanos, por que non rompen relacións con Israel?"
Fayez Badawi naceu nun campo de refuxiados no Líbano. Foi portavoz en Europa da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), unha organización marxista-leninista e laica que forma parte da OLP. Falamos con el despois do seu paso polas xornadas Mundo en crise, organizadas por ECOAR en Vigo, e ás portas das mobilizacións convocadas este sábado e este luns en Galicia en solidariedade con Palestina.