Mundo
Irán confirma o asasinato do aiatolá Ali Khamenei e anuncia “vinganza”
A televisión pública iraniana confirmou na mañá deste domingo a morte do líder supremo, o aiatolá Alí Khamenei nos bombardeos de Estados Unidos e Israel contra a República Islámica.
Estados Unidos e Israel atacan Irán
O Exército israelí, que inicialmente informou dun "ataque preventivo", sinalou posteriormente que a ofensiva se produciu contra "decenas de obxectivos militares e levouse a cabo como parte dunha ampla operación conxunta e coordinada contra o réxime".
Dous actos en Galicia reclaman o dereito de autodeterminación do pobo saharauí no 50 aniversario da RASD
O 27 de febreiro de 1976, hai 50 anos, proclamouse a República Árabe Saharauí Democrática. Este sábado unha concentración en Vigo reivindicará o respecto ás resolucións da ONU na antiga colonia española, ocupada ilegalmente por Marrocos dende hai medio século. Tamén o fixo este venres o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, reunido no Concello de Santiago.
Da moralidade do señor Trump a un novo federalismo europeo
Laureano Araujo
Os soberanismos galés, irlandés e escocés fronte á extrema dereita británica
Xoán Antón Pérez-Lema
O socialista Seguro, novo presidente de Portugal coa ultradereita no 33% dos votos
Seguro (66,8%) obtivo unha vitoria incontestable, co récord de apoios nunhas eleccións presidenciais. Porén, o líder de Chega, André Ventura, volveu rachar o teito da súa formación e celebrou un resultado que, dixo, o erixe en "líder" do "espaço não socialista". "Os portugueses colocaram-nos no caminho para governar este País", afirmou político de extrema dereita.
Portugal mide o teito da ultradereita na segunda volta das Presidenciais
Poucos dubidan dun triunfo do socialista António José Seguro. Porén, os comicios do domingo servirán para medir a forza real da extrema dereita, de André Ventura, que podería superar o 30% dos votos. As eleccións pasaron a un segundo plano; do que se fala é da sucesión de borrascas que están impactando no territorio luso e que xa provocaron a morte de 12 persoas.
Imperialismo, razón cínica e nova orde mundial
Henrique del Bosque Zapata
O goberno dos EUA contra o fascismo?
Xurxo Borrazás
A defensa única europea no solpor da OTAN
Xoán Antón Pérez-Lema
Portugal escolle entre socialismo e ultradereita para a Presidencia
António José Seguro (PS) concentrou o voto progresista para superar o 30% dos votos (31,1%) e o ultradereitista André Ventura rachou unha vez máis o teito electoral de Chega para atinxir o 23,8% dos sufraxios. Non haberá un chamamento unánime do resto de candidatos e forzas políticas para evitar que unha vitoria da ultradereita. Luís Marques Mendes (PSD), João Cotrim Figueiredo (IL), Henrique Gouveia e Melo e o primeiro ministro Luís Montenegro rexeitaron pedir o voto para Seguro.