A UE asina o pacto con Mercosur fronte á "lei do máis forte" e tenta acougar o sector agrogandeiro
"Non aspiramos a crear esferas de influencia, senón esferas de prosperidade baseadas na confianza. Mentres outros erguen barreiras, nós tendemos pontes e pactamos normas", resalta António Costa. A UE mantén que a aplicación das normas de seguridade alimentaria está "garantida" e resalta que o acordo "limita as importacións de produtos sensibles" como carne de vacún e porco