
Impresións electorais. A nova presenza do BNG (IV). O poder no BNG
Resulta que en corenta e cinco anos a vangarda a UPG non foi capaz de arrincar o Bloque da posición minoritaria, nin de albiscar sequera no horizonte o predominio social. Ese sentimento de superioridade conduciu sempre ao mesmo desenlace: a ruptura. Ese é o balanzo. E mentres estean imbuídos da súa condición de selectos, será imposíbel nada que implique hexemonía social, porque iso non funciona así nunca.