
Sabiades que América se chama América por mor dun farsante, dun erro e dun fato de mentiras?
Poida que sexades parte desa maioría -coma min- á que lle ensinaron na escola que América se chamaba así porque foi Américo Vespucio o primeiro que postulou que as Indias ás que chegou Colón eran en realidade un continente novo. Pois resulta que todo iso que nos dicían, coma se estivese gravado en pedra, é completamente falso