EDP esixe a Lobios e Entrimo restrinxir as visitas ao encoro de Aceredo e fai emerxer a demanda de que a eléctrica pague o IBI
A compañía portuguesa dirixiuse aos dos concellos galegos para que limitasen o acceso a aldeas asolagadas como Aceredo, que están a recibir centos de turistas. As dúas localidades lembran que non é a súa competencia e que os terreos son propiedade da empresa, recuperando a vella demanda de que pague a tributación, da que foi eximida por un acordo asinado en 1968 por Franco e Salazar.