Naturgy deslocaliza de vez o servizo de atención telefónica que prestaba desde Galicia
A eléctrica prescinde do seu provedor en Ourense, Unitono, e pon en risco 130 empregos logo de rescindir xa o contrato cunha empresa na Coruña. Os usuarios galegos serán agora atendidos desde Reus ou Colombia.