Un xulgado de Ourense ordena hospitalizar un paciente con tuberculose “ata que deixe de ser un risco para a saúde pública”
A Xunta pediu a medida despois de que o home abandonase reiteradamente a medicación
A Xunta pediu a medida despois de que o home abandonase reiteradamente a medicación
Rogelio Martínez estaba acusado de fraude en fondos europeos por certificar unha obra non realizada, pero o tribunal considera que non se demostrou que cumprise coa súa obriga de verificar o destino dos cartos e polo tanto que estaba a asinar unha falsidade
O vicepresidente da Xunta dille ao rexedor ourensán que ten que “falar con responsabilidade” tras asegurar que na cidade existe unha “mafia policial”
Alén da formación do bipartito liderado por Jácome e do apoio a Baltar na Deputación o acordo tamén implica que DO non se presente ás eleccións galegas. Caballero reta a Feijóo e Baltar a explicaren pública e conxuntamente con Jácome os termos exactos do seu "cambio de cromos"
A chegada de Jácome ao Concello de Ourense sería incomprensible sen a súa canle de televisión e, sobre todo, sen a súa principal bandeira: zorregar sen piedade nos Baltar, que lle veñen de dar a alcaldía sacrificando a Jesús Vázquez e sen oposición de Feijóo, que en campaña considerou "letal" que o líder de DO puidese chegar ao poder
Democracia Ourensana, terceira forza da corporación ourensá, obterá este sábado a alcaldía grazas aos votos do PP, que obtén a cambio o compromiso de que os de Jácome sosteñan a maioría do baltarismo na Deputación
Tras a anterior maioría absoluta do BNG, o 26M deixou os nacionalistas como forza máis votada pero empatada a 3 concelleiros co PSdeG, ao que ofreceron un pacto de goberno, e PP, que reclama o apoio dos socialistas
Democracia Ourensana é chave no Concello e na Deputación e o seu líder sinala como condición "fundamental" para calquera posible acordo con PP ou PSdeG a súa elección como novo alcalde de Ourense
O 'número dous' de Feijóo cualifica de "antidemocrático" o veto a Baltar por parte de Ciudadanos, que se pregunta "quen manda no PP galego", se Feijóo ou o barón ourensán. Baltar alimenta a tese dun pacto a dúas bandas como Democracia Ourensana, partido que advirte de que ten abertas as vías para posibles acordos tanto co PP como co PSdeG
"Quedou claro que o PP en Ourense é Manuel Baltar", afirma o propio Baltar, evidenciando ademais que as negociacións non pasan pola dirección do PPdeG. O barón popular ourensán advirte de que "todo pode cambiar en cuestión de minutos" mentres seguen pairando na provincia outras posibles combinacións que permitan á saga reter o poder
A perda da maioría absoluta do PP na Deputación de Ourense pon en risco unha coalición de intereses entre a familia Baltar e a dirección dos populares galegos que se remonta á primeira vitoria de Fraga en Galicia
A dirección do partido de Albert Rivera fixa o PP como socio "preferente" para os pactos postelectorais e só falará co PSOE de xeito "excepcional" con límites que, no caso ourensán, tamén favorecen aos populares