O TSXG condena o Sergas a indemnizar un médico con 15.000 euros polos danos sufridos pola sobrecarga laboral
O Superior ordena unha indemnización de 15.000 euros a un pediatra que advertira do exceso de pacientes asignados antes de sufrir problemas de saúde e acusa a Sanidade de "non tomar as medidas tendentes a paliar" o exceso de carga asistencial e de adoptar unha "actitude pasiva".