As vítimas dos asasinatos franquistas xa teñen o seu monumento na Limia
O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia inaugurou un monólito cos nomes de 25 persoas asasinadas na comarca, "representativas da barbarie cometida" polos golpistas
O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia inaugurou un monólito cos nomes de 25 persoas asasinadas na comarca, "representativas da barbarie cometida" polos golpistas
O Concello de Ourense retirou o seu apoio ao Festival Internacional de Teatro, que este outubro debía celebrar a súa 12ª edición. Sarabela, impulsora do evento, denuncia que "a cultura na cidade está a sufrir unha deriva moi preocupante nos últimos anos".
Gonzalo Caballero e os presidentes e presidenta das tres deputacións gobernadas polos socialistas defenden na cidade das Burgas o sistema de reparto de fondos das súas provincias, "baseado na transparencia e a obxectividade na asignación de recursos”.
Máis de dez horas de música ininterrompida sucederanse o sábado 28 de setembro entre os viñedos do Pazo de Toubes (Cenlle), no corazón da D.O. Ribeiro. No cartel, Ángel Stanich, El Meister, Las Chillers, María Yfeu ou Surma.
As sete localidades que recibiron máis cartos por habitante tiñan alcalde do PP. Hai que baixar ata a oitava posición para atopar un concello gobernado polo PSdeG, o de Castrelo do Val. A pasada semana socialistas e nacionalistas presentaron unha moción para aplicar en Ourense un sistema obxectivo de reparto.
A formacion votou en contra da proposta realizada por PSdeG e BNG, que pedía un reparto equitativo, semellante ao que existe nas outras tres provincias galegas. Hai dous anos DO votou a favor dunha moción moi semellante, pero nesta ocasión uniu os seus votos aos do Partido Popular, mentres que Ciudadanos se abstivo.
As dúas formacións reclaman que o reparto de fondos se realice con criterios "equitativos, democráticos e obxectivos e non mediante a dedocracia dos favores políticos". A votación terá lugar este mércores e depende do apoio de Democracia Ourensana, á que lle reclaman "coherencia", pois no pasado apoiou propostas semellantes
A plataforma veciñal Auga limpa xa! e entidades como a SGHN esixen unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos gandeiros. Nos últimos tres anos a concentración de nitratos aumentou un 39% e en moitos lugares a auga xa non é potable
Os tribunais paralizaron en xullo o proceso de eleccións sindicais tralas denuncias da CIG, que acusa á empresa de "prácticas mafiosas" para evitar que a central obteña representantes. A pasada semana o sindicato foi o máis votado en Novafrigsa, dependente do mesmo grupo
Secretario da CIG en Ourense durante un cuarto de século, foi candidato de Ourense Mellor nas pasadas municipais, nas que seguiu facendo campaña desde o hospital