A visita do papa conclúe cunha emenda total á discriminación dos migrantes
"Non podemos afacernos a contar mortos. A dignidade humana non ten pasaporte nin perde valor ao cruzar unha fronteira", proclamou León XIV no peirao canario ao que levan chegado milleiros de persoas en precarias embarcacións. "Que a historia non teña que acusarnos de converter a dor dos que sofren en paisaxe habitual das nosas costas", resaltou en plena cruzada da extrema dereita contra organizacións como Cáritas