O PSdeG ve nos 500 millóns en axudas lanzadas pola Xunta en xaneiro un "intento de deixar sen cartos ao novo Goberno"
"Están a saquear as contas públicas" nun "intento desesperado de adulterar o resultado" do 18F, acusan as socialistas Patricia Iglesias e Mayra García. As axudas recompiladas polo PSdeG atinxen a ámbitos diversos, algunhas son recorrentes cada ano e outras atinxen ata 2027. "Non poñemos en cuestión a necesidade de moitas" delas, pero si que "saquen todo de golpe a un mes das eleccións", sinalan