O PP volve prometer os mesmos 15 traspasos de competencias tras quince anos sen lograr ningún
En 2009 Rueda reprochara ao Executivo de PSdeG e BNG lograren só unha ducia de "traspasiños". Década e media despois, o PP reedita as promesas de traspasos por cuarto programa consecutivo, un documento no que as "demandas" para o Goberno de España triplican as novas competencias que, din, quererían que asumise a Xunta se conseguen seguir gobernando tras o 18F