Economía, sanidade, emprego ou os 'pellets': os problemas de Galicia no CIS con diferenzas segundo a quen se lle pregunte
Paro, sanidade e economía son as cuestións que máis preocupan, por riba do propio Goberno da Xunta, as infraestruturas, a calidade do emprego, e a industria e o I+D. As mulleres poñen o foco na sanidade moito máis que os homes (12,7% fronte a 7,7%) e a mocidade sinala a crise medioambiental dos pellets en primeiro lugar