Política
37 anos de eleccións europeas en Galicia: alta abstención e sorpresas nunha cita que ata 2019 dominou o PP
Nas oito citas celebradas dende 1987, a participación foi tradicionalmente baixa, especialmente no ano 2014, cando só votou o 38,7% do censo. Os populares foron a forza máis votada en Galicia en todas as convocatorias, agás na última, na que se impuxo o PSdeG. O BNG acadou o seu máximo en 1999, co 22% obtido por Camilo Nogueira.
Rueda defende a "celeridade" da Xunta en obras como a estrada afundida desde hai dous anos no Courel
O presidente di que non son comparables os problemas nas estradas autonómicas co afundimento da A-6, na que o Estado rematou un dos dous viadutos en ano e medio e promete o outro para este ano
En tres meses, novas eleccións: as europeas avalían o ascenso no continente dunha dereita en guerra interna
O 9 de xuño elíxense en España 61 dos 705 escanos da Eurocámara, entre os que actualmente hai tres galegos
A amnistía en Catalunya deixa fóra os delitos considerados terrorismo polo dereito europeo
A nova redacción, aprobada por maioría absoluta pola Comisión de Xustiza do Congreso, amplía ao 1 de novembro de 2011 o período de aplicación e remarca que non se poden acoller á norma delitos nos que houbese enriquecemento
Rueda di que "é decisión persoal" de Baltar dimitir se é xulgado por delito contra a seguridade viaria
O presidente pide "presunción de inocencia tamén neste caso"
O acoso sexual dun superior a unha militar da base de Figueirido remata con condena tamén a Defensa por desprotexer a vítima
Un tribunal militar sentenciou en firme a existencia de acoso sexual con lesións psíquicas pero a administración, con "temeridade e mala fe", cualificou a baixa como enfermidade común e non como derivada do posto de traballo
Lobo con pel de cordeiro
David Miranda
O TSXG pregunta á UE se a cidadanía debe ter máis información sobre os eólicos antes de que a Xunta os autorice
O Supremo avalou que a Xunta expoña os parques ao público en xeral antes de coñecerse os informes das administracións implicadas, o que limita as posibles alegacións, e agora o Tribunal Superior pregunta ao Tribunal da UE se iso é correcto
A Xunta ataca o Estado e presume de medios na busca de 'pellets' tras usar só o 40% dos que divulgou
Os conselleiros en funcións, Villares e Vázquez, contrapoñen a "transparencia" e a achega de medios do Goberno galego á "inacción" do Executivo central e aos "bulos' e a desinformación". A titular de Medio Ambiente asegura que a Administración autonómica irá aos tribunais para pedir ao Estado que reclame os 2,3 millóns que custou a limpeza de granulados.
A paridade leva anos empeorando nas direccións das empresas públicas da Xunta
7 das 13 empresas públicas galegas non chegan ao 40% de mulleres nos seus consellos de administración, e no global hai só unha muller por cada dous homes
O PP priva a Galicia de 75 millóns de euros ao bloquear no Senado o obxectivo de déficit do Estado
O plan do Goberno de España permitía á Xunta gastar uns 75 millóns máis dos que ingrese en 2024, pero o veto dos populares no Senado obriga a pechar este ano "en equilibrio orzamentario". A decisión tamén afecta aos concellos, obrigados agora a lograren este ano un superávit do 0,2%