- Crónica Cara ás Galegas
- Política
12 anos e 2,5 quilómetros: "Era importante cicatrizar as feridas"
A Anova de Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras asina un acordo co BNG de Ana Pontón que pecha fendas abertas na traumática asemblea de Amio de 2012
A Anova de Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras asina un acordo co BNG de Ana Pontón que pecha fendas abertas na traumática asemblea de Amio de 2012
Nas anteriores tres eleccións que o PP perdese a Xunta era algo que, simplemente, non ía suceder. Os populares aspiraban a pintar este mesmo cadro para a campaña de 2024, pero o escenario mudou e ningunha das principais forzas dá xa por feita outra absoluta do PP, aínda que sexa o máis probable. Uns cantos milleiros de votos poden derivar nunha maioría progresista: así len a situación as principais forzas a apenas un mes da cita coa urnas
O PP presentou este sábado en Santiago as persoas que, xunto a Alfonso Rueda, encabezarán as súas listas para as eleccións do vindeiro 18 de febreiro. O líder dos populares afirmou que a súa campaña “non irá de levantar muros, nin de atacar ou falar mal de Galicia e dos seus servizos públicos"
"O que funciona, non se cambia", destaca a líder nacionalista na presentación das candidaturas no Consello Nacional. O BNG pide o voto daqueles que optaron por outras forzas en anteriores citas electorais e destaca que “hai moitas formas de sentirse galego e galega e todas son necesarias"
Patricia Iglesias (A Coruña), Lara Méndez (número 2 por Lugo), Carmen Dacosta (Ourense) e Elena Espinosa (Pontevedra) acompañan o candidato socialista á Presidencia da Xunta. Apoiado no lema Desta vai, Gómez Besteiro destaca que "a alternativa de goberno liderada polo PSdeG" está centrada "na blindaxe dos servizos públicos e a reactivación económica de Galicia en base ao emprego de calidade"
Nas últimas catro eleccións ao Parlamento galego, o bloque progresista superou o conservador nas sete cidades por unha marxe entre 20 e 50 mil votos, pero a dereita asenta o seu dominio nos concellos de menos de 5 mil habitantes, nos que obtén unha vantaxe superior. Unha maior mobilización nas zonas urbanas, semellante ao que tivo lugar en 2005, semella imprescindible para unha vitoria da esquerda
O ministerio público di que o rexedor, agora deputado provincial, "con total desprezo do deber de abstención estimou as súas propias alegacións", baseadas en documentos falsos
A conselleira Ángeles Vázquez acusa o Estado de ser un "mero espectador", de "poñer escusas" e mesmo de saltar a lei para non actuar. Pontón critica a actuación "irresponsable, incompetente e prepotente" do Goberno galego e o PSdeG pide a dimisión da titular de Medio Ambiente e do conselleiro do Mar.
O presidente anunciou en outubro que a axuda sería concedida automaticamente "sen que haxa que cubrir ningún formulario nin achegar ningunha documentación adicional", pero agora o DOG mantén unha tramitación semellante a anterior
O presidente desbota destituír a Ángeles Vázquez, titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, significada desde hai anos por unha axenda aliñada cos intereses electorais da banda máis á dereita do PP