A dimisión de Feijóo deixa a Xunta en funcións: non pode convocar oposicións nin asinar convenios e ten limitado o gasto
O Goberno galego xa cesou de xeito automático e por lei debe “limitar a súa xestión ao despacho de asuntos ordinarios” ata que tome posesión o executivo do novo presidente que elixa o Parlamento. En 2016, poucos meses despois de aprobar a norma do goberno en funcións, Feijóo pediu un ditame á Asesoría Xurídica da Xunta sobre como aplicala