O BNG reclama a comparecencia "urxente" de Rueda no Parlamento polo "colapso sanitario" coa gripe
A deputada nacionalista Montse Prado critica que a Xunta actúe "de comentarista" do que sucede mentres non planifica as necesidades da poboación pola gran circulación do virus da gripe: "Non reforzaron os profesionais nos centros de saúde nin nos PAC"