A Xunta pon "matrícula de honra" á súa xestión da crise dos 'pellets' e di que o Estado non fai "nada"
A conselleira Ángeles Vázquez cre que a Administración autonómica actuou "de 10" e Rueda di que a axuda no mar do Goberno central "non se traduciu en nada" malia os voos realiza Salvamento acordados no Camgal. Besteiro denuncia "a inacción e falla de competencia” do Goberno galego.