Política
O Estado apunta ás Pontes ou Cerceda como posibles destinos de Ence
Á espera de se o Supremo mantén ou non a anulación da prórroga concedida por Rajoy, a ministra Teresa Ribera subliña que o traslado da pasteira sería "máis doado" se é instalada nunha das dúas contornas beneficiarias polos fondos de "transición xusta" para compensar o peche das centrais térmicas. Feijóo reitera o seu plan para esquivar as sentenzas adscribindo a fábrica ao porto de Marín, que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre os seus proxectos para afrontar o posible pechce en Lourizán
Portugal aposta por unha estrada Bragança-Seabra e obvia a idea de Xunta e concellos de levala á Gudiña por espazos protexidos
A Comisión Europea incluíu a vía na súa recente actualización da rede transeuropea de transportes “segundo o solicitado por Portugal e aceptado por España”
- Vídeo Sector eólico
- Política
Feijóo confirma que a compensación aos concellos polo impacto dos eólicos será en 2022 similar á da última década, 11 millóns a repartir
O presidente da Xunta e a ministra para a Transición Ecolóxica coinciden en apostar por máis parques pero aseguran que serán respectuosos co territorio
A Xustiza tamén rexeita que Casal de Armán deixe pavimentado e non en estado natural o lugar do salón de eventos ilegal que debe demoler
A empresa da familia do conselleiro de Medio Rural perde un segundo preito contra Patrimonio, agora sobre como demoler a edificación que explota desde 2015 xunto a unha igrexa protexida, un mes despois de que o TSXG tombase o intento de legalizala
Feijóo teima en que as concesións privadas de terreos públicos no litoral poidan durar máis de 75 anos
Cinco días despois de rematar a exposición pública do novo regulamento de Costas que o Goberno de España divulgou hai dous meses o presidente da Xunta pídelle “que nos concrete exactamente que é o que quere facer”
Duplicar unha granxa de 23.000 pitos sen avaliar o impacto na auga ou na veciñanza: o TSXG condena a inacción da Xunta na Limia
O Tribunal Superior anula o permiso ambiental que o Goberno galego outorgou a unha explotación “vinculada dentro do grupo Coren” e deixa en evidencia a súa falta de estudos sobre a contaminación agrogandeira na zona malia ser Rede Natura
Feijóo recibe a alcaldesa de Boimorto para estudar a ampliación da residencia na que se vacinou hai un ano
A rexedora deixou o PP, pero segue no posto apoiada polo resto de edís populares e agora é recibida polo presidente, que dixera que alcaldes que saltaran a orde de vacinación contra a COVID debían “presentar a renuncia”
A Xunta, a remolque do Defensor del Pueblo, muda a auditoría externa de Conxo que lle pediu o Parlamento por unha inspección interna
Sanidade non comunicou o resultado aos deputados, que coñeceron da existencia do informe sobre o psiquiátrico compostelán polo PP e non polo Goberno galego. O seu contido é coñecido tras unha reclamación de Praza.gal ao amparo da Lei de Transparencia
Non mires abaixo: a gandería industrial que fai negocio á conta da nosa saúde e o noso futuro
Antón Gómez-ReinoCondenado por prevaricación Antonio Pensado, ex-alcalde de Coristanco, por axudar a unha empresa a evitar unha multa
Tras unha inspección da Garda Civil pola existencia de residuos de construción nun predio, o político popular emitiu unha suposta autorización para a que non tiña competencias
A Xunta culmina o groso da renovación do transporte escolar tras máis dun ano de proceso con erros e protestas de familias e persoal
O primeiro día das novas concesionarias tras nalgún caso décadas de prórrogas dos anteriores contratos saldouse con diversas incidencias, mentres aínda quedan pendentes de resolver varios recursos nalgunhas zonas