Política
Besteiro confirma que se presenta as primarias do PSdeG para ser candidato á Xunta
"Podo confirmar oficialmente que estou en disposición de presentarme a ese proceso", asegurou no Parlamento, onde asiste como convidado ao último debate de política xeral da lexislatura
- Debate 2023
- Política Ao vivo
Un debate de política xeral como anticipo da campaña que vén
O Goberno de Rueda e a oposición de BNG e PSdeG expoñen as súas alternativas políticas coa vista xa posta nas próximas eleccións galegas
Derradeiro gran debate da lexislatura: da "estabilidade" de Feijóo antes de dimitir ás propostas de Rueda para uns meses
Presidente e portavoces de PP e PSdeG mudan a respecto do anterior pleno de política xeral, hai agora dous anos, do que só repite Ana Pontón e no que Feijóo ofrecíase como garantía para Galicia apenas catro meses antes de iniciar a súa marcha
Dereita e extrema dereita protestan contra a amnistía nunha marcha que xuntou a Feijóo, Ayuso ou Abascal
O ex-presidente da Xunta non ocupou a cabeceira da marcha e evitou a foto co líder de Vox nunha mobilización na que o ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez foi un dos protagonistas.
Sae o fillo de Baltar, entra a filla de Victorino
O PP nomea presidenta da súa xestora na cidade de Ourense tras a marcha de Cabezas a Victoria Núñez, xefa territorial de Medio Ambiente e filla do falecido líder de Centristas de Galicia, orixe do control dos Baltar sobre a provincia
A última proposta de Educación para reducir horas lectivas e alumnado non contenta aos sindicatos
A Consellería propón reducir o horario lectivo dos docentes de 25 a 23 horas semanais en Infantil e Primaria e reducir o número de estudantes a 20, progresivamente, desde o vindeiro curso. CIG-Ensino considera a proposta unha "chantaxe" e pide unidade sindical para convocar unha folga.
Feijóo consegue unha prorroga
Xesús Veiga
Baltar xa é aforado coa marcha ao Senado e será o Supremo quen o xulgue por ir no coche oficial a 215 km/h
O xulgado do Penal de Zamora que levaba o seu caso inhíbese ante o alto tribunal ao constatar "a condición de aforado" do popular
Libres e iguais
Xoán Antón Pérez-Lema
A Xunta manterá en 2024 as rebaixas de impostos, tamén a rendas altas, malia admitir que non avalía os efectos
Tras anos de reclamacións do Consello de Contas, Facenda recoñece que segue sen avaliar os beneficios fiscais da última década e media, que manterá o próximo ano e que bonifican desde as herdanzas dun millón de euros ata as salas de bingo
O Eixo Atlántico propón unha folla de ruta de políticas sociais para reducir o 25% de persoas excluídas na Eurorrexión
Este martes presentouse en Ourense o informe Mapa de Cohesión Social do Eixo Atlántico, o primeiro elaborado para un sistema urbano transfronterizo. O documento alerta de que "na nosa sociedade, o futuro de cada persoa está fortemente determinado polo fogar no que nace" e subliña que "o principal reto para a redución da desigualdade" é "máis político que técnico".