Sánchez nega o referendo pero apela á "xenerosidade" para un acordo para toda a lexislatura
O rei designa candidato á investidura ao socialista, que se citará con todos os grupos agás con Vox, nunha rolda que iniciará con Yolanda Díaz este mércores.
O rei designa candidato á investidura ao socialista, que se citará con todos os grupos agás con Vox, nunha rolda que iniciará con Yolanda Díaz este mércores.
Na xuntanza que mantivo coa alcaldesa Goretti Sanmartín, Alfonso Rueda comprometeuse a autorizar a aplicación da medida en Compostela, aínda que cunha serie de condicións, como que o imposto sexa recadado polo Concello e que se acade un "consenso" co sector. A Xunta opúxose nos últimos anos á implantación desta ferramenta, que o propio Rueda cualificou como "contraproducente"
As queixas sobre os autobuses dos colexios, que a Consellería de Educación non desminte, súmanse aos problemas que está a rexistrar o transporte público en xeral
Tras constatar hai dous meses que non tiña apoios para ser elixido presidente, o popular deu nos últimos días, na rúa e no Congreso, os primeiros mitins das próximas eleccións xerais para chegar á Moncloa "se non agora, pronto"
Ana Pontón asegura que o de Rueda é "un goberno coas pilas esgotadas" e salienta que o BNG "representa o futuro e a esperanza". A portavoz nacional do BNG presentará "medidas urxentes" como un bono escolar ou a restitución da Tarxeta Básica no debate de política xeral no Parlamento
O PPdeG presenta a iniciativa 'Galicia non para!', que levará a Rueda a manter "encontros directos e espontáneos cos cidadáns" polas catro provincias desde este domingo
Os sindicatos consideran "insuficiente" e "inaceptable" a proposta da Xunta, que non contempla rebaixa do número de escolares en Secundaria nin en FP.
A maioría absoluta do Congreso volveu rexeitar a candidatura á presidencia do líder do PP, que pediu unha repetición electoral e tirou do seu discurso máis duro para certificar a súa alianza coa ultradereita e un menor apoio aínda entre o resto da Cámara.
A deputada do BNG Montse Prado ve no concurso para contrar interrupcións voluntarias do embarazo de menos de 14 semanas na privada unha "escolla claramente ideolóxica" e insta a Xunta " a dotar o Sergas dos recursos necesarios".
A Comisión abriu un novo procedemento de infracción ao Estado por "non ser suficientes" as zonas, especies e hábitats a protexer. Hai dous meses, insistía en que a protección por parte da Xunta "non cumpre" cos requisitos comunitarios.
O Goberno galego admite que detectou "valores superiores aos permitidos" nas augas da contorna e abriu un expediente sancionador á empresa, pero dálle máis marxe antes de comprobar se está a cumprir "co seu deber de execución da depuradora"