Política
O exceso de velocidade de Baltar e os audios comprometedores de Jácome axitan a batalla do 28M en Ourense
En vésperas da comparecencia do 'barón' do PP ourensán ante a Xustiza polo seu presunto delito contra a seguridade viaria, 'La Región' publica gravacións que amosan a Jácome tentando que funcionarios municipais asuman unha multa de tráfico e "admitindo que xestiona diñeiro negro e se gaba de saber branquealo" , destaca o xornal
A Xunta tarda máis do que dura o curso en responder as peticións e queixas das familias polos autobuses escolares
A Valedora do Pobo constata demoras de 11 ou 8 meses da Consellería de Mobilidade en contestar a solicitudes de novas paradas que recibe ao comezo do ano lectivo, e tamén censura que non responda ás cuestións concretas que alegan os afectados
Pontón reivindica o modelo do BNG no rural por ser quen de "crear dinamismo económico, social e cultural"
Nunha visita á Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, a líder do Bloque aposta por unha "discriminación positiva" coas localidades menos poboadas.
Formoso contrapón a campaña "limpa e construtiva" do PSdeG contra o xeito de "embarrar" do PP
O líder do PSdeG insiste en que o PSOE porá "toda a forza" do partido nas municipais en Galicia e lembra a visita de Pedro Sánchez a vindeira semana a Lugo.
- Crónica
- Política
Besteiro no atril de San Caetano
A intendencia do gabinete de Rueda propiciou unha imaxe significativa tras o primeiro encontro institucional do presidente da Xunta co delegado gobernamental: Besteiro intervindo dende o atril da Presidencia empregado en innumerables ocasións por Feijóo. Os ruxerruxes foron inevitables. Mesmo as chanzas sobre se acudir para practicar para un futuro da política galega que non está escrito. O que cada vez máis ven xa practicamente escrito é o nome de Besteiro no cartel electoral do PSdeG
Empresas de xogos de azar multadas por aceptar a menores logran que a Xunta oculte os seus nomes
O Goberno galego asume o argumento das empresas de que identificalas afectaría á súa “competitividade” e “posición no mercado”
Pontón promete á mocidade conseguir "un país para a xente nova"
A líder do Bloque destaca a forza da mocidade nas candidaturas do BNG á que pide ser motor do cambio o 28M "para unha nova Galiza".
O PSdeG chama a facer a "revolución municipal" a través do medio cento de mozos candidatos o 28M
O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, destaca a importancia de que a xente nova se involucre nos asuntos públicos e agradece aos membros das listas o seu compromiso e “traballo incansable” para cidadanía
- Datos
- Política
As oficinas de emprego logran apenas o 1% das colocacións mentres a Xunta sinala a poboación parada que desbota ofertas
"Tras a realización do seguimento personalizado será posible iniciar expedientes que poderían poñer en risco as prestacións vencelladas ao emprego que reciba esa persoa", advertiu a Xunta ao presentar o 'Programa de seguimento intensivo da demanda de emprego'. As baixas de demandantes por atopar traballo son maioría, pero o 99% desas colocacións son ofertas que non chegaron dende o Servizo Público de Emprego
Os novos helicópteros de salvamento marítimo da Xunta deberán axudar na loita contra os incendios forestais
O novo contrato co que a Consellería do Mar quere mudar os aparatos actuais engade ás misións a realizar pola adxudicataria a de colaborar contra o lume nos montes e esixe persoal con formación e habilitación nese eido
A pregunta incomoda
Xesús Veiga