Política
"Quen me presento son eu": Rueda reivindícase ante a posible influencia de Feijóo na campaña galega
O candidato a seguir na presidencia da Xunta asegura que vai "gobernar ata o último momento" e di que a data das eleccións, que só depende del, é unha "obsesión" da oposición
Sumar Galicia incorpora a número dous de Podemos, a quen xa obvia de cara a futuros acordos
A comisión promotora inclúe as deputadas Lois e Barbero, a Juan Díaz Villoslada, a actriz María Vázquez e representantes de diferentes sindicatos. O portavoz da formación, Paulo Carlos López, dá por feita a integración de Esquerda Unida.
O alcalde da Guarda, do PP, cobrou 3.800 euros de máis da Deputación de Pontevedra e atribúeo a "un erro"
O popular devolve os cartos que ingresou durante varios meses por asistencia aos plenos da Deputación malia que tamén conta cun soldo de deputado con dedicación exclusiva que o fai incompatible
O divorcio na esquerda española
Xoán Antón Pérez-Lema
O comité apela agora ao Consello de Administración para deter a "manipulación" na CRTVG
A representación do persoal insta o órgano xestor dos medios públicos a deter un control político da información que "cada vez vai a máis" e advirte dos nulos avances para a creación do Consello de Informativos e da "irrelevancia" da Radio Galega.
A Xunta di que podería limitar os alugueiros no 30% dos concellos pero rexéitao e culpa á "inconcreción" da lei estatal
A conselleira de Vivenda esgrime un estudo encargado por ela para avalar a súa postura contraria á figura das zonas tensionadas para controlar o mercado e salienta que "desde o principio" tiña claro que non ía apostar "de oficio" por ela
Pontón defende ante dúas comisarias da UE máis axilidade na xestión dos fondos europeos e maior participación dos concellos
A líder do BNG quere utilizar máis recursos comunitarios para a innovación e combater o despoboamento
Sen votación pero sen veto: a oficialidade do galego na UE mantense na axenda pero apenas avanza
O Estado decide non someter a votación a proposta durante a súa presidencia da UE para facer oficial galego, catalán e vasco á espera de novos informes e tras argumentar ante os 27 que as condicións impostas para estas linguas só se dan en España e pechan a porta a outros idiomas.
Con Dorado e Ayuso ou coas nais da droga e Casado: o lugar de Feijóo segundo o libro de Sánchez
Entre as poucas referencias a Galicia que fai en Tierra firme, o socialista reflexiona sobre as "hipotecas" do ex-presidente da Xunta e o seu xeito de ascender en política
Precariedade, demoras nas oposicións e a COVID como argumento extemporáneo: o Supremo evidencia o desleixo da Xunta cos brigadistas
O alto tribunal fai firme unha sentenza que obriga a Medio Rural a indemnizar a un condutor de motobomba despedido tras ser interino máis tempo do debido, un proceso xudicial que plasma o xeito en que a Xunta xestiona o persoal de loita contra incendios
Besteiro aplaude o nomeamento de Calviño como presidenta do BEI: “un orgullo para o socialismo galego"
A elección de galega Nadia Calviño como presidenta do Banco Europeo de investimentos é "un merecido recoñecemento á mellor ministra de Economía que tivo España”, asegura Besteiro