O PSOE estatal apraza as primarias do PSdeG para elixir candidato á Xunta ata que se renove o Goberno de España
A dirección galega envía un comunicado á militancia informando da decisión da dirección federal
A dirección galega envía un comunicado á militancia informando da decisión da dirección federal
Nunha nova sentenza que volve constatar as irregularidades do que se pretendía construír o Tribunal Superior rexeita de novo que a Xunta indemnice a promotores afectados pola paralización do urbanismo de 2007
Goretti Sanmartín evoca o histórico galeguista, alcalde de honra da capital galega, como "referencia persoal e política" na véspera do aniversario do seu asasinato nun acto institucional secundado polos concellos de Teo e Arzúa e todos os grupos municipais
Estes centros, que se abriron á matrícula mixta para seguiren recibindo fondos públicos, pasan dos 58 concertos logrados no reparto inicial da anterior orde aos 74 actuais. En total, a nova orde financia 3.990 unidades en colexios privados ata o curso 28-29. Ao tempo, a Xunta confirma case dúas mil matrículas menos no ensino público para o curso vindeiro, para o que pecha pecha tres colexios en Laxe, Padrón e Vimianzo por escaseza de estudantes. A CIG-Ensino alerta da "supresión de 89 prazas e 60 unidades de Infantil e Primaria, un dos maiores recortes dos últimos anos"
Ante a primeira asistencia dun membro do Consello da Xunta á homenaxe a Alexandre Bóveda, a fundación que vela polo legado do histórico galeguista advirte de que "a valía vai nos feitos e nas obras, as cales collen brillo nas verdades", porque Bóveda "non é un eslogan"
A Comisión Europea mantén "en curso" desde hai dous anos un procedemento de infracción contra España pola decisión de 2000 de ampliar a concesión sen un novo concurso público a cambio de que a autoestrada chegase ata Ferrol
A nova presidenta do Congreso ratifica que os idiomas oficiais diferentes do castelán poderán ser empregados na Cámara Baixa na nova lexislatura. O BNG aplaude a medida e lembra que as forzas soberanistas levaban anos reclamándoa; Sumar resalta que Yolanda Díaz a propuxo para impulsar as conversas que veñen de permitir "construír a maioría progresista e plurinacional da Mesa" do Congreso
A socialista Francina Armengol é a nova presidenta do Congreso para a lexislatura que comeza con 178 votos a favor. Neste escenario queda en evidencia que as opcións de Feijóo para chegar á Presidencia do Goberno pasan por unha repetición electoral.
O 6,5% do censo CER galego solicitou o voto por correo. A porcentaxe foi maior nas mulleres (6,9%) que nos homes (6,1%) e disparouse nas persoas entre 25 e 34 anos (10%) e entre 35 e 44 (9,6%). Un estudo do CIS amosa que as forzas progresistas obteñen un maior apoio entre as persoas que solicitaron o voto a distancia.
"España tamén fala en catalán, en euskera e en galego", di o líder socialista, necesitado de apoios nacionalistas para repetir el mesmo como presidente e para que este mesmo xoves, na constitución do novo Congreso, o PSOE reteña o control da súa Mesa
A alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, salienta que a vila pasa en verán de 3.000 a 12.000 habitantes e lembra a Rueda por carta que o propio Goberno galego propuxo hai unha década un investimento de 14 millóns que nunca se executou
A Consellería de Infraestruturas terá que indemnizar unha muller que rompeu un brazo e quedou con secuelas tras tropezar pola falta de mantemento da vía malia "numerosas" protestas do Concello e a veciñanza, mesmo ante a Garda Civil