O PP evita a foto de Rueda con Pontón para falar do traspaso da AP-9 no inicio do ciclo electoral
O presidente da Xunta responde á petición do Bloque delegando no grupo parlamentario. "Non está disposto a dialogar sobre a cuestión coa líder da oposición, o que amosa o interese de PP e PSOE para facer naufragar en Madrid a proposta, votando en Galiza unha cousa e alí outra distinta”, di a portavoz nacionalista.