De gobernar Galicia a un escano inestable en Madrid: a estratexia de replicar o PPdeG no Estado acaba na orela
A decisión de Feijóo de sacrificar as estruturas que construíra en Galicia e transplantalas a Madrid en favor dun posible goberno estatal naufraga na indefinición e queda condicionada ao que decidan outras forzas políticas. O equipo que acompañou o ex-presidente descapitalizando o PPdeG e a Xunta queda agora náufrago en Madrid, sentado no Congreso en escanos de dubidoso futuro