Política
A xestión dos autobuses pola Xunta, a remolque da xustiza e contra a libre competencia
En 2016 o Supremo obrigou o Goberno galego a renovar as obsoletas liñas interurbanas e iniciou un proceso no que Monbus resultou aínda máis beneficiado malia denuncias de amaños que agora o TSXG confirma
O ex-ministro Caamaño e un ex-presidente da Audiencia Nacional, no equipo co que Pontevedra busca anular a sentenza de Ence
O Concello de Pontevedra recorrerá o aval do Supremo á permanencia da pasteira na ría cun incidente de nulidade e tamén, confirma Lores, en amparo perante o Tribunal Constitucional
- Crónica
- Política
PP, BNG e PSdeG esfórzanse en distanciarse coas súas políticas eólicas mentres a Xunta vira cara á participación pública
Pontón rexeita calquera proxecto de eólica mariña, Rueda di que o plan estatal para o sector é malo pero que os aeroxeradores poden coexistir coa pesca e Luis Álvarez aplaude que o PPdeG asuma agora a participación pública no sector eólico
- 📺
- Política
Sánchez e Díaz aproveitan a censura da extrema dereita para enxalzar a coalición ante o ciclo electoral
Pedro Sánchez e Yolanda Díaz afrontaron a moción formulada por Vox con discursos coordinados para trazaren as liñas do campo de xogo electoral e confrontar medidas como a suba do salario mínimo, as reformas laboral e das pensións ou a nova lei do aborto fronte á "nada" e ao "odio" da extrema dereita. Todo, con Feijóo ausente
A nación española e a comunidade galega. III. A arte de complicarnos a vida
Laureano Araujo
O Consello de Contas ratifica que o goberno local do PP en Valga cobrou durante 30 anos dietas ilegais
O órgano fiscalizador aclara nun contundente informe que a comisión de coordinación instaurada polos populares en 1991 para edís do executivo e os cobros por asistencia "non se adecúan á legalidade" nin teñen "soporte regulamentario". O gasto anual ascende aos 20.000 euros.
Pontón lanza a reclamación de 35 competencias para "mellorar a vida" en Galicia tras 15 anos sen ningunha
O control do tráfico que implicaría despregar a Policía galega, salvamento marítimo, ordenación do litoral ou bolsas de estudo inclúense nos traspasos que o BNG reclama porque, sinala, defender "un novo status político de nación non impide avanzar no autogoberno pola vía das transferencias". Lembra que Rueda censurou como escaso que o Goberno de coalición PSdeG-BNG só lograse "14 traspasiños". Década e media despois "o balance é cero competencias novas"
A Xunta contrata espazos publicitarios en valos e autobuses ata mediados de 2024
O vindeiro maio expira o contrato de publicidade exterior asinado pola ex-secretaria de Medios Mar Sánchez Sierra o día do seu cesamento para marchar con Feijóo a Madrid. O Goberno galego volve contratar 58 valos, dos que cando menos a metade teñen que estar nas cidades, e espazos publicitarios en tres autobuses urbanos, un deles en Santiago e os outros dous rotando nas restantes seis urbes. Volve ofrecer ata 450.000 euros
O TSXG condena a Xunta a repetir fases de dúas oposicións a policía local e docente de danza por improvisalas sobre a marcha
Nunha proba deu por válido que dous aspirantes a axentes tardasen máis do establecido en correr mil metros, o que prexudicou a un terceiro, e noutra fixo públicos os criterios de avaliación despois e non antes do exame, como esixe a lei
"Non se poden asaltar os medios públicos e facer con eles o que se queira; a CRTVG é de todos os galegos"
Mayte Cabezas foi trasladada á radio logo de 30 anos como presentadora na TVG e aos poucos días de criticar a Núñez Feijóo en redes sociais por non preocuparse de vítimas do terrorismo coma ela. A profesional di que non recibiu explicacións e a CRTVG asegura que a mudanza "responde a unha estratexia e planificación global, nunca individual".
A falta de diálogo Xunta-Estado e a busca de rédito político lastran o tren galego desde a autonomía, constata unha tese doutoral
O traballo desenvolvido polo xeógrafo galego Mateo Varela Cornado na Universidade de Toulouse apela a unha maior implicación da Xunta na planificación ferroviaria e na integración co transporte por estrada da súa competencia