A oficialidade do galego na UE: unha "oportunidade única" nin doada, nin tan inmediata
A votación do vindeiro día 19 no Consello require da unanimidade de todos os Estados para tornar galego, éuscaro e catalán en idiomas oficiais na UE, unha opción aínda non asegurada que abre un abano de posibilidades para a lingua propia e para o país.