O PP corrixe o seu propio Orzamento da Xunta para emendar a suba do recibo do lixo e rebaixala con máis condicións
O PP concreta nas súas emendas ás contas da Xunta a nova bonificación dun máximo do 15% no canon que Sogama cobra aos concellos, anunciada por Rueda tras a cancelación do desconto do 10% que levaba tres anos en vigor. Manterá as condicións da anterior sobre incentivar a reciclaxe e trasladar o desconto ao recibo da veciñanza e ademais engade a obriga de instalar o contedor marrón antes da fin de 2023