Política
A Xunta xa priorizou cinco parques eólicos fóra do plan galego para o sector tras criticar o Estado por tramitalos
Despois de cargar contra o Goberno de España por admitir proxectos en zonas non previstas, o Executivo galego defende agora instalalos para que subministren enerxía máis barata a empresas como Alcoa, iniciativa que recibe o apoio de PSdeG e a abstención de BNG
A Xunta esvaece no aniversario do Prestige
Rueda, quen durante a catástrofe do Prestige era director xeral no Goberno de Fraga, acudiu este 13 de novembro a unha gala benéfica na Coruña. O Goberno galego emitiu 16 comunicados durante a xornada, ningún vinculado ao aniversario. A Xunta enviou o subdirector de Gardacostas ao acto institucional do Estado en lembranza do Prestige, en Camariñas. Fora convidada a conselleira do Mar, directora xeral na Consellería de Pesca ás ordes de López Veiga nos tempos do desastre do petroleiro
- Interactivo Prestige 20
- Política
Dos 993 quilómetros de AVE a Angrois e o Parador de Muxía: o que deixou o Plan Galicia 20 anos despois
Non só o Estado aparcou infraestruturas anunciadas tras o afundimento do Prestige, senón que tampouco a Xunta completou aínda varias comprometidas daquela por Feijóo como conselleiro
Castelao, primeiro Presidente de Galicia
Xoán Antón Pérez-Lema
Sadamaioría cualifica de "golpe á democracia" a moción de censura lanzada por edís "tránsfugas" de PP, PSdeG e AV
O alcalde, Benito Portela, e concelleiros e simpatizantes da formación, saíron ás rúas este sábado, día de Feirón, para explicar á veciñanza os motivos desta moción, que se votará o vindeiro venres e que foi desautorizada polos tres partidos. PSdeG e Alternativa xa anunciaron a expulsión dos edís e o PP abriulles un expediente disciplinario
Nadal no cárcere para o capitán Mangouras, culpable oficial
O capitán do Prestige foi enviado a prisión preventiva aos catro días do accidente baixo fianza de 3 millóns, acusado de delitos contra o medio ambiente e de desobediencia. Mangouras acabou sendo condenado a dous anos e nove meses de prisión. Logrou non ter que volver á cadea, pero foi en todo caso a única persoa que pisou o cárcere por mor da catástrofe
- 📺 Crónica Prestige 20
- Política
"Galicia, máis que nunca" ou o principio da fin do fraguismo e do ascenso de Feijóo
A xestión da catástrofe do Prestige desencadeou unha profunda crise na Xunta de Fraga que derivou na defenestración de Xosé Cuíña e no desembarco de Feijóo como home forte do gusto da dirección de Aznar, que reduciu as voces críticas co acontecido a cans "ladrando o seu rancor polas esquinas". Tras as municipais de 2003, algunhas análises consideraran que os populares non sufriran conscuencia electoral ningunha, pero comezara un devalo que desembocaría na perda do Goberno galego en 2005
No 20 aniversario do Prestige, Formoso reivindica que "un Goberno non debe afastar os problemas senón enfrontalos"
O presidente da Deputación da Coruña e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, participou en Camariñas nunha homenaxe aos voluntarios e voluntarias. Comparou “a manipulación e a mentira” dos que, mentres o chapapote cubría o mar, “negaban a marea negra e falaban de hilillos de plastilina ou galletas de fuel” coa recente xestión da pandemia por parte do Goberno de Pedro Sánchez
O BNG reclama a transferencia das competencias de salvamento marítimo a Galicia, que "debe coller as rendas da súa costa"
Na celebración do 20 aniversario do Prestige, o Bloque lembrou a mobilización social que seguiu ao afundimento do petroleiro. A formación propón tamén a creación dun servizo público e a construción dun heliporto na Costa da Morte e alerta de que "permanece" o risco de que reproduza un desastre medioambiental no litoral
O Sergas recorreu en setembro a 28 millóns do fondo de imprevistos para "cubrir desaxustes" en contratacións de persoal
O Sergas indica que inxectou 25 millóns en atención hospitalaria e 3 na primaria en setembro pola "variabilidade da actividade asistencial asociada ás circunstancias estacionais" e por contratos para substitucións. O Consello de Contas vén reprochando "de forma recorrente" a Sanidade que comece cada ano con orzamentos que sabe que non vai cubrir todo o que vai ter que gastar, tendo que recorrer a fórmulas extraordinarias para "gastos que teñen carácter previsible"
O técnico de Adif que deseñou a sinalización de Angrois confirma que non atendeu a curvas senón só ás velocidades que lle indicaron
O autor da modificación do proxecto para que a liña Ourense-Santiago entrase en servizo en ancho ibérico e non internacional, o que derivou en reducións de seguridade, considera que a decisión foi “correcta”