Interior Galego Vivo propón dez medidas para que as persoas do rural "non teñamos menos dereitos por vivir onde vivimos"
Representantes dunha ducia de candidaturas municipais aprobaron un decálogo "para garantir un futuro digno nas comarcas interiores". Reclaman que os servizos básicos se sitúen a unha distancia máxima de media hora, apoio á produción agraria e gandeira de proximidade ou que os concellos adopten un "rol protagonista" no desenvolvemento eólico.