Caballero anuncia que o alumeado de Nadal de Vigo reducirase de 7 a 6 horas para aforrar "o dobre" do que esixe o Goberno de España
O alcalde vigués di que consume máis “un campo de fútbol de 30.000 espectadores cos partidos habituais dun mes de xaneiro” que a decoración festiva, cuxo custo cifrou en 30.000 euros o pasado ano