Política
O procès muda e reactívase
Xoán Antón Pérez-Lema
Tres datas a non perder no xuízo de Angrois segundo se queira información ou emotividade
Tras a expectación que provocou a presenza dos dous acusados nesta primeira semana do xuízo, peritos xudiciais e expertos ferroviarios centrarán as seguintes sesións ata que as vítimas comecen a declarar en febreiro
Herdeiro dun millón que cobre 60.000 ao ano e merque chalé no Grove: o perfil máis beneficiado polas rebaixas de impostos da Xunta desde 2009
Os gobernos do PP foron ampliando as reducións fiscais a rendas e patrimonios cada vez máis altos presentando as medidas como un beneficio para a maioría da poboación ou para o asentamento no rural
“Nulos investimentos”, “insuficientes”, “satisfactorios” ou de “xustiza social”: as reaccións aos orzamentos do Estado van por parroquias
Tras anos de gasto récord no sector, a maioría de partidos segue a poñer o foco no ferrocarril como a infraestrutura máis importante nas contas estatais, sexa por presenzas ou ausencias de partidas concretas
A nova versión da vella batalla fiscal
Xesús Veiga
O PP pediu no Congreso e no Senado borrar o artigo da lei de memoria que suprime o condado de Fenosa e o señorío de Meirás
Os populares, tanto con Casado como con Feijóo, emendaron a Lei de Memoria Democrática para, entre outros aspectos, pedir a supresión do artigo que anula os títulos nobiliarios concedidos pola ditadura. O ex-presidente votou a prol da emenda como senador por designación do Parlamento, igual que os senadores populares electos polas circunscricións galegas, mentres que os do PSdeG votaron en contra e apoiaron a lei
- Mapa
- Política
Transportes amplía os servizos ferroviarios de proximidade a varias cidades pero segue deixando fóra as principais galegas
Ás Cercanías xa existentes nunha ducia de cidades, varias das cales as verán melloradas, sumaranse agora novos servizos en Valladolid e Córdoba mentres o Eixo Atlántico galego queda como a área máis poboada sen melloras
Accidente laboral no que a empresa non dá ferramentas axeitadas: a estratexia da defensa do maquinista de Angrois
O avogado de Francisco Garzón evidencia eivas na súa formación por parte de Renfe e critica que non se tivese en conta o risco previsible de erro humano que hai na condución dun tren. No accidente do Metro de València, os condenados incumpriran a obriga da lei de prevención de riscos laborais de que “as medidas preventivas deberán prever as distraccións ou imprudencias non temerarias que puidera cometer o traballador”
O Estado orzamenta uns 1.070 millóns de investimento en Galicia por segundo ano consecutivo
O montante de investimento previsto en Galicia nos Orzamentos Xerais de 2023 supón apenas 3 millóns máis que en 2022. A autovía A-54 segue sendo a principal obra estatal en territorio galego e, unha vez concluída a conexión por alta velocidade coa Meseta agás a variante de Ourense, o groso do investimento ferroviario vai á liña convencional. Alén dos investimentos, as contas contemplan case 70 millóns para bonificar peaxes da AP-9
Dimite catro meses despois de ser degradado un dos máis veteranos responsables de Educación da Xunta
José Luis Mira Lema ocupou diversos cargos con Fraga e Aznar e era secretario xeral de Educación ata que en maio Rueda o rebaixou a director xeral, posto no que tiña como segundo a un fillo
A saudade do chanceler Scholz polo seu verán no Grove leva o alcalde da vila á cimeira hispano-alemá
O rexedor foi convidado ao cumio na Coruña logo da insistencia de Scholz lembrando o seu paso pola localidade hai 40 anos para estudar español. Regaloulle varios obsequios, convidouno a volver e proporá que sexa declarado fillo adoptivo.