O maquinista evidencia as eivas da formación sobre a curva de Angrois que recibiu de Renfe
As viaxes previas á habilitación de Garzón para a liña Ourense-Santiago fíxoas pola vía paralela á do accidente, máis segura, e non recibiu advertencias tras a alerta sobre a curva que outro maquinista lanzou ano e medio antes do accidente. O outro acusado, ex-xefe de seguridade de Adif adiou a súa declaración ata o próximo xoves "afectado" polo intento de agresión que sufriu este mércores polo pai dunha moza morta en Angrois