A Xunta contrata novas obras na súa sede central, cuxa remodelación total prevé que sume cen millóns de euros
Tras investir xa uns 10 millóns e agora adxudicar outros 5 na reforma exterior do complexo, os plans para San Caetano prevén 29 millóns para a reforma interior e ata 54 millóns para ampliacións progresivas sobre o espazo da antiga estación de autobús