Política
O 21 de decembro comeza a funcionar o AVE coa Meseta tras dúas décadas de obras
Os servizos aumentarán dos seis Alvia diarios actuais en cada sentido que tardan catro horas entre Ourense e Madrid a oito Alvia en menos de tres horas e dous AVE en dúas horas e cuarto
Vellos e novos retos para o BNG
Xesús Veiga
- Documento
- Política
A Xunta culpa os sindicatos da excesiva duración das oposicións
O Goberno galego di que as organizacións sindicais esixen tempo entre a convocatoria dun proceso selectivo e o primeiro exame, pero o Consello de Contas desbota ese argumento e lembra que hai casos de máis de catro anos de duración desde a oferta pública de emprego
As terceiras 'Xornadas contra a Impunidade' poñen o foco dende Pontevedra na corrupción do franquismo
Xornalistas como Antonio Maestre e Rebeca Quintáns, a profesora Beatriz Busto, a historiadora Araceli Freira ou descendentes de vítimas do franquismo serán protagonistas dunhas xornadas que rematarán en espazos utilizados pola ditadura para a represión de presos políticos
A estratexia da Xunta para que os concellos baixen impostos ás empresas incluíu privilexiar comerciantes en función do seu municipio
O Goberno galego contou como criterio para dar subvencións ter a sede nun Concello Emprendedor, feito que ou non depende do solicitante ou incentiva a deslocalización en beneficio do seu programa Doing Business agora censurado polo TSXG
O PP emenda os orzamentos da Xunta para facilitar nomeamentos 'a dedo' e compensar ás construtoras o encarecemento de materiais
Os populares permitirán que as xefaturas territoriais que ata agora só podían ocupar funcionarios da administración xeral tamén poidan ser entregadas a persoal sanitario ou educativo afín
As vilas medias reivindícanse como baluarte fronte á crise demográfica e esixen a "fin da discriminación" orzamentaria
Os concellos de entre 20.000 e 40.000 habitantes únense para subliñar a "necesidade absoluta" dun mellor financiamento e sinalar a "urxencia de acadar cambios na xestión dos fondos europeos de reconstrución, nos que a alcaldesa da Coruña e o alcalde de Vigo tamén reclaman unha maior participación durante un encontro institucional
A Xunta comunica á UE outra demora do seu plan estratéxico para 2021-2030, que debía ter cando apareceu a COVID
Iniciada a elaboración en 2019, no debate de política xeral de outubro Feijóo anunciouno para “antes de que remate o ano” e agora di que o presentará “no primeiro trimestre do vindeiro ano”
Encerrados nesta terra
Antonio Gregorio
A Xunta reparte na medianoite dun sábado outros 400.000 euros aos concellos co persoal máis áxil: en 21 minutos esgotáronse
Tras varias convocatorias nas que primou a rapidez co ordenador como criterio para repartir axudas, Medio Ambiente gabouse de que o 11 de setembro esgotara unha nova subvención en “horas”, pero agora sábese que foi en moito menos tempo
SOS Ourense: máis de 50 colectivos únense na protesta contra a "desfeita" de Jácome e o PP
Convocan unha manifestación o vindeiro día 18 para "virar o estado das cousas" e contra o "esmorecemento da cidade nunha fonda crise social, ambiental e cultural" da que culpan o goberno local: "O que acontece en Ourense é de vergoña allea".