Política
O Consello de Contas revela que Galicia foi a cuarta autonomía que máis reduciu o persoal público entre 2009 e 2019
A caída de persoal público rexistrouse fundamentalmente na educación non universitaria, cun 9,79% menos nunha década. O ente fiscalizador censura a "excesiva prolongación" dos procesos das oposicións, que poden estenderse ata catro anos
A Xunta responde á manifestación de SOS Sanidade Pública afirmando que a presencialidade en Atención Primaria supera o 60%
Mentres a Xunta responde á mobilización afirmando a demora se reduce nunha Atención Primaria que gaña persoal, Pontón (BNG) reclama máis medios para que non haxa "centros de saúde con semanas de espera" e Formoso (PSdeG) resalta que "non é posible que xa poidamos ir a grandes eventos pero se negue acudir ao centro de saúde con normalidade"
Os contratos da Xunta para a xestión de residencias públicas de maiores con entidades privadas chegan ata 2039
Unha ducia da vintena de residencias de maiores de titularidade da Xunta están xestionadas por entidades privadas, a maioría por empresas do grupo DomusVi. Os centros concesionados con data máis próxima de finalización do contrato son os de Antas, Ribeira e O Carballiño
A Xunta adxudica o contrato dos seus novos coches oficiais, que debe recibir antes de febreiro
PSA Financial Services debe entregar os seus vehículos en San Caetano, entre eles a nova berlina do presidente e os 12 SUV para os conselleiros da marca de alta gama DS
Un informe encargado polo Concello da Coruña ínstao a retirar honores a Barrié, Peñamaría ou Alfonso Molina
O goberno local ten no seu poder desde hai máis de ano e medio un estudo que pide eliminar as distincións e nomes das rúas a 14 persoeiros, entre eles varios alcaldes franquistas ou o herdeiro do Banco Pastor.
Por que nos manifestamos o 14 de novembro
Xosé Mª Dios Diz
A Xunta comeza a actualizar o seu rexistro de acordos con empresas e outros gobernos tras telo dez meses paralizado
Entre xaneiro e novembro, a Xunta divulgara no Rexistro de Convenios só tres das ducias de acordos asinados con empresas, entidades e outros gobernos
A Xunta auditou o hospital de Conxo xusto tras a visita do Defensor del Pueblo que revelou novas eivas
O PP vota por terceira vez desde 2018 a favor de instar o Goberno galego a "resolver as graves deficiencias" do centro e recoñece que o Sergas levou a cabo en agosto a auditoría que a Cámara reclamara en marzo.
Feijóo receita contra a suba xeral de prezos que o BNG vote contra os Orzamentos do Estado e apoie os plans do PP
O presidente da Xunta reclama ao Bloque que apoie as súas "baixadas de impostos" e cualifica o IPC de "imposto" e Pontón retruca que "cremos que hai que axudar na reactivación, pero as súas receitas xa fracasaron". Feijóo responde a Caballero que os proxectos da Xunta para os fondos da UE están "publicados" e son "coñecidos", aínda que só revelou algúns
Mil bombeiros forestais volven ao paro tras seis meses e piden traballar todo o ano pola ameaza de graves incendios
Brigadistas de Vigo e Baixo Miño reclaman estender os seus contratos, que veñen de rematar, para ampliar os traballos de prevención ante o lume "de gran perigosidade" que trae o cambio climático e o abandono no rural. Únense así ás demandas de sindicatos e colectivos profesionais.
Caballero implica o Estado contra o plan da Xunta para primar os concellos que baixen impostos ás empresas
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP anuncia que pedirá ao Goberno central que recorra no Constitucional a lei que Feijóo tramita en apoio do seu programa de Concellos Emprendedores tras tombalo o TSXG