Política
A Xunta atribúe a anulación da prórroga de Ence a PSOE e BNG, que instan a Feijóo e á empresa a "porse a traballar" no traslado
O Goberno galego láiase do que define como "golpe irreversible para Galicia" e fai responsable "Goberno do PSOE apoiado polo BNG" de formular "alternativas que atenúen o impacto" da sentenza. Lores ve no ditame un "fracaso estrepitoso" do "cambalache ilegal do PP coa empresa". Pontón valora o "triunfo para Galiza" e subliña que "canto antes se asuma que o futuro pasa por un traslado, mellor será para o emprego". O Caballero apela a Feijóo para que "exerza as súas competencias en materia industrial" para o traslado tras quedar constatada a "actuación fóra da lei do Goberno do PP de Rajoy"
A Audiencia Nacional anula a prórroga a Ence outorgada por Rajoy porque non xustificou que deba estar na ría
O tribunal non entra a valorar a duración da concesión senón o propio feito de que unha instalación así teña que estar en terreos públicos costeiros
- Crónica
- Política
O PPdeG, do "nacionalismo moderado" no inicio do fraguismo ao mandato no que Feijóo superará ao fundador
O PP de Galicia referenda por quinta vez como líder a Feijóo tres décadas despois de que 'don Manuel', da man de Cuíña, culminase a viraxe ideolóxica e organizativa na que asentou a súa hexemonía. O actual presidente da Xunta acumula así máis anos á fronte do partido dos que sumou o seu antecesor. Na tese política que aproba o PPdeG neste 2021 sobrevive o termo da "autoidentificación" nun ideario e nunha estratexia afastadas daquel inicio do fraguismo. No patio de butacas da xornada inaugural estarán dirixentes como Díaz Ayuso e o discurso de clausura corresponde a Pablo Casado
O director xeral da CRTVG estrea o seu terceiro consello de administración e os venres negros xa son 165
Sánchez Izquierdo foi nomeado por Feijóo ao abeiro da lei da CRTVG de 1984. En 2015, o PP aprobou en solitario unha reforma da nova lei de medios que lle permite continuar no posto por tempo indefinido. Tras a ratificación dos novos membros do Consello de Administración, o colectivo 'Defende a Galega' volveu urxir o cumprimento íntegro da lei de medios, incluíndo o nomeamento da dirección xeral por maioría reforzada do Parlamento
O Supremo confirma que o Estado debe indemnizar con 182.000 euros á familia de José Couso por non darlle protección diplomática
O tribunal censura que España dese “por boas as reducidas explicacións” de Estados Unidos do seu ataque ao hotel no que estaba o cámara galego e non buscase “unha valoración obxectiva dos feitos, coas consecuencias que resultaran procedentes”
A Xunta gábase de que leva gastados 150.000 euros en fomentar a caza desde 2015
A conselleira de Medio Ambiente achega outros 25.000 euros á Federación Galega de Caza para difundir “o aproveitamento sustentable” da fauna e do medio natural
O Sergas inicia con tres anos de atraso o proceso para recoñecer de oficio ás súas enfermeiras a posibilidade de dispensar fármacos
O resto de profesionais deberán acreditar a titulación e ter un ano de experiencia ou pasar un curso de adaptación gratuíto
Tras unha década de incumprimento legal a Xunta tramita un rexistro dos seus entes paralelos
Consello de Contas e Tribunal de Cuentas viñan criticando que a inexistencia dese listado impide fiscalizar correctamente á administración galega. Na última década, ao tempo que suprimía entes paralelos, boa parte creados por Fraga, a Xunta de Feijóo puña en marcha outros 50 novos, o 26,9% dos creados por todas as comunidades autónomas
Feijóo lembra as eleccións de hai un ano e di a BNG e PSdeG que representan a minorías
O presidente identifícase coa CDU alemá de Merkel e Pontón dille que aprenda que alí “é esa dereita quen illa á extrema dereita” fronte aos acordos do PP con Vox en España
O Constitucional anula o confinamento do primeiro estado de alarma da COVID por 6 votos a 5
O pleno do tribunal de garantías estima parcialmente o recurso que formulou Vox e declara inconstitucionais os artigos que restrinxían a libre circulación de persoas. A sentenza ten como pano de fondo o bloqueo da renovación do TC, cuxos membros nomeados polo Congreso teñen o mandato caducado. O Goberno de España reafírmase en que aquel decreto e as súas medidas foron axustadas á lei e "imprescindibles para salvar vidas"
Vítimas de Angrois reclaman á cuarta ministra desde o accidente a investigación independente que en 8 anos aínda non se fixo
A plataforma de afectados quere que o novo ente de investigación de sinistros teña máis en conta os riscos de erro humano